Supoño que a todos gústanos dar un longo paseo sen a angustia dos coches
e da xente que se cruza no teu camiño constantemente ou sen ter que
cruzar rúas, en fin un paseo na cidade pero sen as angustias da cidade,
pois ben, en esta marabillosa cidade que é Vigo hai un parque onde
podes facelo e ao mesmo tempo gozar da natureza, estoume a referir ao
parque de Quiñóns de León, coñecido popularmente como o Parque de
Castrelos, é unha marabilla, alí podes pasar unha tarde paseando
polos seus xardíns, sentado nun banco preto do estanque vendo
evolucionar aos parrulos e cisnes ou simplemente vendo a fonte que se é
de noite é todo un espectáculo de luz e cor, podedes facer footing, ou
simplemente podedes admiralo.
Supoño que cada rúa, cada monumento e todas ou case todas as cousas teñen
a súa historia, pois este enorme parque, que ten sobre unhas 20
hectáreas, como case todas as cousas, tamén ten a súa historia:
Tanto o terreo como o pazo pertencían a dona María de los Milagros
Elduayen e Martínez,casada con don Fernando Quiñones de
León, marqués de Alcedo, pero esta morre moi nova e hérdaa o seu
fillo Fernando Quiñones de León e Elduayen, o cal morre en
1918 sen descendencia e deixa como herdeiro das súas posesións ao seu
pai e o usufruto á súa esposa dona Mariana de Wythe.
O terreo foi doado ao pobo de Vigo por don Fernando Quiñones de
León, en decembro do 1925, pero non se fai efectiva ata dez anos
despois, cando se paga o usufruto a dona Mariana de Withe, usufruto
que se fixa en 125.000 pts., Don Fernando quere que se cumpran unha
serie de condicións: que o terreo se denomine Parque de Quiñóns de León, que non saia nunca do concello de Vigo e que se destine a museo de arte e parque público.
Estas condicións cúmprense, hoxe ten o nome de "Parque Municipal de
Quiñóns de León" e aínda que se atopa algo afastado do centro de
Vigo, non hai ningún problema, xa que se non se quere ir andando
ata alí, hai autobuses urbanos que pasan continuamente por ese sitio e a
verdade é que tampouco está tan lonxe; o terreo é un parque público e o pazo é un museo de arte galego, no que se pode ver unha importante colección de pintura galega, con obras de Castelao, Manuel Colmeiro e Carlos Maside entre outros;
este museo inaugurouse en 1937 e na actualidade pódese ver nel arte, arqueoloxía e historia de Vigo, creo que os luns está pechado e que a entrada é gratuíta.
Ten tamén un grande auditorio no que se pode gozar de moitos dos
concertos que hai na cidade. En resumidas contas, creo que se ides por Vigo non perderiades nada con visitar este parque aínda que hai outras moitas cousas que nos ofrece a cidade e claro está depende do tempo que teñades.